Hoxe, o goberno galego vive de costas aos seus montes e o seu tecido agrogandeiro.

O antigo modelo de aproveitamento do monte como base da actividade agraria rachou a finais do século pasado, durante o proceso de dinamitación do rural galego, sempre ben acompañado da inanición do Partido Popular.

Pero unha cousa está clara, isto non é froito da casualidade. Isto obedece unha planificación das políticas do Partido Popular que é a de traballar para o capital, para os intereses de fora e para as grandes empresas que depredan todo o que pillan por diante. Exemplo: ENCE

O debate do novo Plan Forestal, debe trascender do ámbito excesivamente reducido do Consello Forestal e levar á reflexión e á mobilización do conxunto social ao que lle importa que pasa nos montes.

Só desa maneira poderemos planificar un monte e un rural vivos fronte aos intereses especuladores e esquilmadores do noso territorio e do noso futuro.

Así o deixamos hoxe claro no Parlamento Galego, ainda que algúns non quixeron escoitar.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.