Hoxe compareceu o Conselleiro de Medio Rural na Comisión de Economía do Parlamento de Galiza para explicar os orzamentos deste departamento para o vindeiro ano.

Dende En Marea detectamos que se levan moitos anos pondo en marcha políticas que, por desgraza, o que están favorecendo é o abandono do rural, a degradación das condicións materiais das persoas que viven ou vivimos no rural, e non se está conseguindo o obxectivo que din perseguir, que é un rural máis competitivo e un rural máis vivo.

E iso non o inventa En Marea, iso vémolo simplemente cos datos do Instituto Galego de Estadística onde podemos ver a caída en picado do sector agrogandeiro galego.

Entendemos que estes orzamentos non van a servir para conseguir estes supostos obxectivos que prometeu o presidente ao inicio da lexislatura, e o aumento insignificativo dalgunhas partidas orzamentarias non chega para a realidade na que nos atopamos hoxe no noso agro. A diminución de moitas outras partidas fan que aparezan dúbidas sobre o alcance que queren que teñan estes orzamentos.

E vemos isto como unha situación moi preocupante porque tendo en conta e está demostrado que non están funcionando as políticas que están pondo en marcha, pois entendemos que apostar por uns orzamentos continuístas non é ningunha boa nova.

A realidade é que levan moitos anos pondo en marcha políticas que por desgraza o que están favorecendo é o abandono do rural.

Cantos empregos se destruíron ou se crearon no medio rural galego? Todos sabemos que se destruíron máis empregos que se crearon.

Cantas explotacións agrogandeiras abriron ou pecharon no rural galego? Todos sabemos que se pecharon máis explotacións cas que abriron.

Non son conscientes do grao de envellecemento e despoboamento que temos hoxe no noso país, iso é unha causa estrutural que tampouco se está a dotar con medidas suficientes orzamentarias para pórlle freo.

Estes datos non convidan ao optimismo e por iso pensamos que os orzamentos que aquí nos presentaron hoxe non traen consigo absolutamente nada para mudar o presente rural galego.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.