A produción de castañas en Galiza, a día de hoxe, non está garantida despois da nefasta campaña que minguou preto dun 70%. Esta redución foi produto da seca, xeadas, pedrazo e vespa do castiñeiro, algo que dende En Marea tiñamos máis que avisado dende fai meses en canto a Consellería de Medio Rural mirou para outro lado.

Advertimos no seu momento que non se estaba a facer o suficiente na loita contra a vespa do castiñeiro e así se viu cando fai menos dun mes se aprobou na comisión unha Proposición non de lei idéntica a que En Marea levou facía meses, onde se instaba o ministerio a solta masiva de Torymus Sinensis para facerlle fronte a praga.

Tamén puxemos en dúbida dende o primeiro momento a liña de axudas que a Xunta de Galicia estaba a sacar para paliar os danos pola seca, sarabia ou xeadas. Liña de axudas que fuxiron da realidade que estamos a padecer produtoras e produtores, así como gandeiras/os ou labregas/os.

Tamén temos que ter en conta, de que a castaña complementa as economías familiares, polo que non estamos a falar solo de comercializadores e empresas transformadoras, polo que a Xunta de Galiza tiña que ter xa unha liña de axudas que chegaran a tódolos niveis na escala da produción e venda.

Por iso, dende En Marea presentamos iniciativas no parlamento onde instamos a Xunta de Galicia a:

1. Facer un estudo real das perdas producidas este ano por mor das inclemencias meteorolóxicas e pola vespa do castiñeiro.
2. Manter unha xuntanza cás organizacións agrarias, así como como con representantes da IXP Castaña de Galicia e con produtoras, empresas transformadoras e comercializadoras para avaliar os danos e fixar cantidades a indemnizar.
3. Debido a situación de excepcionalidade na que se atopan os/as produtores/as, transformadores/as e comercializadores/as de castaña, habilitar unha liña de axudas específicas para paliar as enormes perdas sufridas na última campaña.

Esperemos que o Partido Popular estea a altura das circunstancias e que se poña o lado das familias e do sector a hora de solucionar o problema.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.