As políticas públicas levadas adiante no medio rural, durante os últimos anos, demóstranse insuficientes para a prevención e a extinción de incendios, comezando polo abandono do rural, a falta de inversión e servizos públicos, a reforestación mediante especies alóctonas de ciclo curto (hoxe supoñen mais do 50% da nosa superficie forestal, no 1987 eran apenas do 3%), o abandono e falta de coidados, así como unha política baseada na extinción e non na prevención.

Hoxe En Marea levou o Parlamento de Galicia unha moción onde pedíamos:

1. A inmediata publicación da modificación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, para que os traballadores e traballadoras de Seaga poidan valorar a súa experiencia profesional.

2. Que a duración dos contratos do persoal de reforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) se incremente sobre os 4 meses actuais, sendo equiparados cos traballadores e traballadoras, persoal laboral fixo descontinuo, ampliando a súa relación contractual a un total de nove meses.

3. Creación de 30 prazas na RPT de Medio Rural e Medio Ambiente na

categoría de Axentes Forestais e Medioambientais para reforzar as Brigadas de Investigación de IIFF.

4. Financiar dunha forma axeitada aos concellos para que as Brigadas de

Bombeiros Forestais teñan unhas condicións salariais dignas, así coma epis e formación adecuada.

Que votou o Partido Popular?? O de sempre.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.