Hoxe, na Comisión de Medio Rural no Parlamento de Galicia, En Marea denunciou a falta de substitución de persoal nas oficinas agrarias comarcais (OAC) de varias localidades do país.

Un exemplo…OAC de Lugo.
Persoal asignado na RPT de Medio Rural: 2 administrativos e 3 técnicos.
Persoal actual: 1 administrativo e 1 técnico.
Traballo que realizaron no ano 2018: atenden a 6 concellos (Lugo, Portomarín, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade), con 7321 explotacións agrícolas, das que 694 son prioritarias; de forma que nesta oficina agraria reciben ao ano a máis de 6.000 persoas, xestionan máis de 1.500 expedientes e uns 5 millóns de euros en axudas públicas.

Que pedimos hoxe no Parlamento Galego? dotar de persoal propio ás Oficinas Agrarias Comarcais executando así a propia Relación de Postos de Traballo da Consellería de Medio Rural.

Que votou o Partido Popular? En contra.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.