A estrada OU-636 entre a Pobra de Trives e Freixido, da cal é titular a Xunta de Galicia, ten unha distancia de 21´5 km nun trazado de curvas continuas pero que fai uns meses deixaba a opción o adiantamento entre vehículos en rectas con total seguridade para os usuarios da mesma.

Moitas persoas da Comarca de Trives usa a diario esta estrada para desprazarse ao seu traballo, ao Hospital Comarcal, a comercios da comarca veciña ou lecer.

Dende fai cinco meses, con un pintado novo desta estrada, que fixo a Consellería de Infraestruturas, esta realidade mudou, quitando esas zonas de adiantamento e substituíndo estas por liñas continuas, o que fai que, dende Freixido a Pobra de Trives, atopamos a primeira zona para adiantar ós 12 km, e en total, estas zonas de adiantamento na totalidade do trazado son 3, o que fai, sumado a dificultade da estrada, que se fagan colas de ata 30 coches detrás dun vehículo pesado e con traxectos de máis de 40 min.

Hoxe, na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente, aprobouse unha iniciativa de En Marea onde instamos a Xunta de Galicia a incluír na obra de mellora que a consellería vai a acometer, o repintado da mesma valorando a modificación da sinalización horizontal que permita o adiantamento, garantindo o cumprimento das normas para para que a circulación sexa segura.

Grazas o resto dos grupos parlamentares por aprobar esta iniciativa.

Seguimos!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.