A desfeita medioambiental do Val do Limia precisa de medidas e accións urxentes e axeitadas. Son horas de asumir responsabilidades e hai que deixar de mirar cara outro lado.

Hoxe, no parlamento galego, perdeuse unha moi boa oportunidade de reverter esta situación, onde, entre outras, cousas pedimos ordenar as explotacións existentes e adoptar unha xestión ambientalmente sustentable dos residuos agrogandeiros xerados, que cumpra co Dereito da Unión Europea.

Na Comarca da Limia, de xeito que foi desaparecendo a agricultura e gandería tradicional, e mudando cara un modelo intensivo, as augas da bacía hidrográfica do Rio Limia vanse tornando cada vez máis contaminadas.

Hoxe, esta comarca soporta unha carga gandeira, equivalente a unha poboación de 1.6000.000 habitantes, que producen unha cantidade maior a un millón de toneladas de residuos que acaban depositándose ao aire libre e sen ningún tipo de depuración, tratamento, precaución e protección.

A Comarca da Limia está a padecer unha severa agresión pola xestión que na actualidade se fai dos residuos procedentes das explotacións de gandería intensiva, e máis particularmente as dedicadas a produción de porcino e avícola .

Máis alá de boas declaracións de intencións, o actual goberno da Xunta de Galicia, ten que facer cumprir as distintas normativas de aplicación e deixar de mirar para outro lado.

Agradecer o apoio do BNG e Común Da Esquerda a esta iniciativa.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.