A Reserva da Biosfera de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos foi declarada como tal no ano 2005 (21.482 hectáreas, algo máis de 9.000 habitantes).
É unha das 47 reservas que hai no Estado español.
As reservas da biosfera son patrimonio da humanidade declaradas pola UNESCO/ONU polos seus valores patrimoniais co fin de conciliar a conservación da súa biodiversidade co uso sustentable, o desenvolvemento económico, a investigación e a educación.
A Deputación de Ourense pretende arranxar a estrada OU 1114, neste arranxo vai eliminar polo pé máis de 100 árbores (33 carballos e amieiros de grandes dimensións e unhas 100 árbores máis pequenas -bidueiros, salgueiros, carballos, amieiros….-).
Pódese e débese arranxar a estrada OU 1114 sen cortar ningunha árbore. De facelo a Deputación de Ourense atentaría gravemente contra os valores medioambientais, paisaxísticos, etnográficos e culturais desta Reserva da Biosfera.
O obxecto do proxecto é a ampliación da estrada en unha ou ambas marxes entre o p.q. 3,020 ata o p.q. 3,518. Aplicarase unha capa de formigón bituminoso para regularizala superficie e instalarse sistemas de contención.
Con data 11/02/2019 o negociado de expropiacións redactou un oficio de posta a disposición dos terreos. Polo tanto foron realizados todos os trámites preceptivos, dando traslado deste procedemento a todos los afectados. Xa están pagados os depósitos previos polo que a ocupación pode realizarse en calquera momento.
Con data 02/02/2019, a Deputación de Ourense recibiu solicitude do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) de información en relación coas obras de acondicionamento da estrada OU-1114 entre o pq. 3,020 ata e pq. 3,518. En relación con:
o Alto valor paisaxístico y árbores centenarias.
o Solape coa Vía Nova.
o Zona ZEPA e ZEC, espazos da Rede Natura.
o Zona especial de anfibios.
o Expediente de expropiación.
En relación coas autorizacións sectoriais, a Deputación de Ourense informa que xa dispón as correspondentes a:
-
Confederación Hidrográfica, informando de que non é necesaria a petición
-
Medio Ambiente, permite as obras sen ningún tipo de cautela
-
Medio Rural, autoriza as cortas
-
Patrimonio Cultural.
A área da Reserva está formada por unha ampla depresión, cunha altitude media de 600 m, por onde decorre o río Limia, e rodeada dun reborde montañoso do que destaca na súa parte norte o macizo granítico de Allariz, por onde decorre encaixado o río Arnoia.
Declarada no ano 2005, conta cunha superficie de 21.482 ha e abrangue os seguintes municipios da provincia de Ourense, A Bola, Allariz, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos, cun conxunto poboacional de 9.867 habitantes.
Outras figuras de protección que posúe:
Humedal de Importancia Internacional (Convenio de Ramsar);
Zona de Especial Protección para las Aves (ZEPA);
Zona Especial de Conservación (ZEC).
Polo tanto, non entendemos como a Xunta de Galicia da estes permisos sen ter en conta as impresionantes virtudes coas que conta esta Reserva.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario Mixto, solicitalle a Xunta de Galicia a poñerse en contacto coa Deputación de Ourense e instala a que free estas obras de “mellora” para crear unha comisión de estudo onde se inclúa a técnicos de Medio Ambiente, Medio Rural, Patrimonio Cultural e 2 membros do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) para buscar unha alternativa o arranxo da citada estrada sen atentar contra patrimonio natural.