O día 8 de xullo, o pedrazo volveu caer con forza, afectando ás plantacións de determinadas comarcas da provincia de Ourense, sendo os Concellos máis afectados os de O Barco de Valdeorras, Rubiá, O Bolo, Monterrei e Verín.

A falta de confirmacións oficiais, máis de 350ha poderías estar danadas polo pedrazo, afectando a viñedo, horta e castiñeiro.

Dende o Grupo Parlamentario Mixto, esixímoslle á Consellaría de Medio Rural que garanta ás nosas produtoras e produtores unhas colleitas dignas en calidade e cantidade para asegurar a continuidade da actividade viticultora e hortícola nunha provincia onde ten unha importante tradición e un peso económico fundamental.

Por iso lle pedimos a Xunta de Galicia que faga unha avaliación e cuantificación precisa dos danos provocados polo pedrazo nos cultivos agrarios e gandeiros; e informar de maneira aberta e transparente ao respecto, e que determine  que porcentaxe de cultivos arrasados non están cubertos por seguros agrarios para crear unha liña de axudas directas para garantir a liquidez das persoas afectadas e compensar as perdas.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.