A realidade na que se atopan a día de hoxe algunhas brigadas contra incendios forestais é sangrante.

Exemplo real dunha brigada dun concello ourensán:

  • Realización do curso de incendios e probas médicas ao mesmo tempo que outras empresas que non tiñan que ver co sector.

  • A proba de oído fíxose coa cámara de insonorización estragada.

  • Non se fixo ningunha práctica con motobomba, mangueiras, punta de lanza, batelumes…

  • As prácticas fixéronse a posteriori do inicio do contrato.

  • Cando comezaron a traballar 3 dos 5 compoñentes da brigada estaban sen botas de protección individual, 3 sen lanterna, 5 sen cubrecalugas, fundas e guantes fora da talla que precisan e sen botiquín.

  • Vehículo en precario (alertaron a brigada que foran a modo con el que freaba mal). Asento do piloto non regulable. Portas que non pechan. Perda de combustible. Roda de reposto fora do seu habitáculo (mesturada con mochilas, arneses, cascos… )

  • Base sen pechadura, aseos nin taquillas.

  • Ferramenta de traballo en precario. Rozadoiras solo con fío e sen repostos. Ausencia de material de corta, etc…

Defendendo sempre un SPDCIF único, público e civil como obxectivo final, pensamos que polo de pronto, a consellería, namentres non mude a súa política de atomizar o servizo, debe financiar dunha forma axeitada aos concellos para que as Brigadas de Bombeiros Forestais teñan unhas condicións salariais dignas e iguais entre distintos concellos, así coma epi´s, vehículos, material de traballo, e formación adecuada.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.