Hoxe, na comisión de Medio Rural, preguntamos sobre a calidade da auga no Concello de Ribadavia, trasladando así o Parlamento de Galicia, un problema que nos fixeron chegar as compañeiras de Ribeiro en Común.

Queremos saber que datos manexa a Xunta de Galicia sobre a situación da auga da rede municipal de abastecemento de Ribadavia, e sobre a situación de outras redes de abastecemento, sexan municipais ou veciñais, na comarca do Ribeiro así coma a posible relación entre a declaración de auga non apta para consumo realizada no municipio de Ribadavia e os incendios de Carballeda de Avia (de onde provén a súa rede de auga) e se ten ou non relación cos incendios.

Tamén queremos saber que datos manexa a Xunta de Galicia sobre o efecto que tivo o temporal Félix na propagación da cinza, dos carbóns e dos sedimentos que se formaron a causa dos lumes neste municipio e nesta comarca.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.