A Política Agraria Común, máis coñecida como PAC, creada no ano 1962, constitúe unha das políticas fundamentais e un elemento esencial no sistema institucional dentro da Unión Europea, para dous sectores estratéxicos como son a agricultura e a gandería.

Os seus obxectivos recóllense no artigo 39 do Tratado de Funcionamento da UE e son os seguintes:

a) incremento da produtividade agrícola, fomentando o progreso técnico, asegurando o desenvolvemento racional da produción agrícola, así como o emprego óptimo dos factores de produción, en particular da man de obra, algo que en Galiza non está a ocorrer.

b) garantir un nivel de vida equitativo á poboación agrícola, en especial, mediante o aumento da renda individual das persoas que traballan na agricultura, algo que en Galiza non está a ocorrer.

c) estabilizar os mercados, algo que en Galiza non está a ocorrer.

d) garantir a seguridade dos abastecementos, algo que en Galiza non está a ocorrer.

e) asegurar á persoa consumidora subministros a prezos razoables, algo que en Galiza non está a ocorrer.

Non podemos obviar a importancia que ten a PAC para Galiza, un pobo eminentemente rural, gandeiro e agrario, e pesqueiro que ten que aproveitar esta oportunidade para atraer e fixar poboación, para imbricar estes sectores claves no noso país e mellorar o tecido social e económico que permita desenvolver estas actividades sen ten que recorrer a emigración garantindo un nivel de vida equitativo ás persoas agricultoras e gandeiras e garantir tamén uns prezos na alimentación para as consumidoras.

É unha grande oportunidade para Galiza para garantir que mediante o cumprimento dos nove obxectivos marcados na PAC se contribúa a mellorar estes sectores estratéxicos.

Por todo isto, hoxe, no parlamento galego, En Marea presentou unha proposición non de lei aportando modificacións para vindeiras reunións dos grupos de traballo.

O PP votou en contra. Nada novo.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.