Veño de presentar en tempo e forma alegacións a declaración da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel como Reserva da Biosfera, NON porque estea en contra, SI pola necesidade de facer visibles causas que ameazan o seu patrimonio natural, cultural, histórico ou etnográfico.

Unha Reserva da Biosfera debe servir para protexer os hábitats existentes así como as persoas que habitan os territorios dende un punto de vista social e económico.

A construción da A76 polo medio da Reserva, así como a instalación do parque eólico na serra do Oribio, proxectos hidroeléctricos ou a permisividade a hora de plantar especies como o eucalipto non son compatibles, nin coa protección dos seus hábitats, nin co desenvolvemento social e económico destas comarcas.

Existiu un diálogo coa cidadanía, asociacións, ou axentes sociais?

Así non!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.