A comezos do século XX en Galicia máis de 2 millóns de ovellas e cabras eran xestionadas polos seus propietarios. Hoxe en día xa só quedan 229.000, repartidas entre 21.709 explotacións gandeiras. Das cales unicamente 76 gandeirías teñen máis de 250 cabezas deste gando.
En 2015 aplicouse unilateralmente unha quita nos pastos arbustivos e sobre arboredo declarados na PAC que afectou ao 85% do territorio, limitando o cobro por uso de toda esa superficie salvo que fose alegada.
Na Lei Ómnibus, a Comisión Europea recoñece a singularidade deste aproveitamento con pastoreo e suprime a obriga da consolidación herbácea, reducíndoo unicamente á consolidación do pastoreo sobre esa superficie, vindo a dar a razón as nosas propostas.
Dende En Marea defendemos este tipo de especies leñosas e arbustivas como base da alimentación do noso ovino e caprino ou vacún en extensivo, o mesmo tempo que están a facer un traballo preventivo nos nosos montes moi importante polo que deben de incluirse nas axudas da PAC.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.