A desidia de distintas administracións cara a nosa comarca é de sobra coñecida por todos e todas, e sufrida a diario polas que habitamos este territorio.

Un claro exemplo é o actual estado da estrada OU-701 titularidade da Deputación de Ourense.

Trinta e tres quilómetros de vía en mal estado de conservación que se traduce en accidentes, incomodidade e inseguridade as usuarias da mesma.

Como imos a incentivar a reactivar o desenvolvemento socioeconómico da zona se non temos unha comunicación acorde cos tempos nos que vivimos?

Dende En Marea acabamos de rexistrar no Parlamento de Galiza, unha Proposición non de lei onde instamos á Xunta de Galicia a:

  1. Que pida a Deputación de Ourense a transferencia inmediata da estrada OU-701, e que reclame a Deputación de Ourense, celeridade nos trámites e os prazos para facer efectiva tal transferencia.

  2. Que inclúa a obra de mellora do trazado e o deseño da estrada que arrancando en Viana, segue por Vilariño de Conso, Manzaneda ata o seu entroncamento coa OU-536 en Trives nos seus plans de actuación máis inmediatos, de forma que á maior brevidade posible se acometan as obras en beneficio de todos os usuarios da devandita vía de comunicación.

  3. Que asuma o compromiso de que a devandita obra vai ser considerada prioritaria e que polo tanto vai quedar á marxe de calquera posible atraso.

SEGUIMOS!!!

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.