O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) calcula que o consumo de gasoil representa o 69% dos custes enerxéticos totais dunha explotación agropecuaria. O subministro eléctrico constituiría o 24%. Con estes datos sobre a mesa, compréndese o golpe terrible que supón para os agricultores e gandeiros do noso país a asfixiante subida do prezo do gasoil.

O prezo do gasóleo medrou un 30% no último ano, chegando ata os 0,939 céntimos por litro, segundo os datos do Xeoportal de Hidrocarburos do Ministerio para la Transición Ecolóxica. Consecuentemente, os custes de produción das máis de 30.000 explotacións agrogandeiras galegas creceron, nalgúns casos ata 3.000 euros anuais. No conxunto do sector, os custes engadidos pola subida do carburante superan xa os 24 millóns de euros e, a xulgar polo panorama, parece que seguirán aumentando.

A subida dos custes de produción prexudican moi seriamente ás granxas leiteiras galegas e as explotacións que agora se ven na obriga de recoller o millo e de sementar as praderías co prezo do gasóleo polas nubes.

A situación é dunha enorme gravidade, xa que afecta a todo os sector agrogandeiro e os traballadores e traballadores non teñen forma de facerlle fronte sen a axuda decidida das institucións. Na actualidade, o sector agrogandeiro recupera unha parte da subida do gasóleo de uso agrario grazas a devolución dunha parte do imposto especial de hidrocarburos. Porén, é preciso que o Goberno do Estado mellore dita devolución e que as subidas do carburante repercutan no que os agricultores e gandeiros cobran polo seu produto.

Ante todo isto, En Marea pregunta no parlamento:

  1. Que pensa facer o Goberno galego para compensar aos agricultores e gandeiros pola subida do prezo do carburante?

  1. Como pensa que dita subida pode afectar a economía galega os próximos anos?

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.