Hoxe asistimos as xornadas que o Sindicato Labrego Galego impartiu no Concello de Dodro: Territorios en Común. Casas con fume, monte sen lume.

Cooperación e responsabilidade colectiva, ferramenta de xestión e custodia do territorio, Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, montes abertos, o monte como soporte do sistema agrario, a ruptura cos aproveitamentos tradicionais, a marxinación legal da propiedade veciñal, ou a historia… moitas e interesantes reflexións a engadir no debate político a tódolos niveis, non só nas institucións, tamén nas parroquias, nas xuntanzas, tomando un viño, ou nun xantar familiar. A memoria das nosas antergas é a que nos pode salvar dun sistema neoliberal atroz, que ven a comer todo e non deixar nada para as que habitamos o país.

Podedes descargar o traballo completo no seguinte link: www.sindicatolabrego.com/index.php?o=downloads&i=515

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.