Na elaboración do Novo Plan Forestal, que non contou na súa elaboración con tódolos actores implicados, non existe unha verdadeira intención de crear un monte multiprodutivo, cun aproveitamento de produtos do monte, e unha industria forestal diversa.

Dende En Marea denunciamos que o plan debe ser elaborado por toda a sociedade. Nel debemos potenciar os nosos bosques autóctonos, reforzar os MMVVMC como modelo de xestión colectiva, aumentar a superficie agraria útil, prohibir os cultivos enerxéticos, esixir un servizo de prevención e extinción público, único e civil ou protexer a nosa biodiversidade entre outros puntos.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.