A Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia formulou unha queixa ante a Valedora do Pobo, por razón do uso de xeito irregular e consentido por parte das administración pública dun ben inmoble coñecido como a “Casa de Pontevea” ou “Casa da Pedragueira”, no lugar de Ribeira, Reis, no Concello de Teo, da Xunta de Galicia por parte dun particular.

Esta vivenda usábase tradicionalmente como residencia para os axentes forestais que atendían os coutos e aproveitamentos de perca no río Ulla. Ata o ano 1997 estivo ocupada por un axente forestal que a deixou libre á data da súa xubilación. Posteriormente foi reformada e entregada a unha persoa que forma parte do cadro de persoal laboral da Xunta de Galicia, e que consta como encargado.

No ano 2018, nunha Proposición non de lei presentada por este deputado e ante a comisión 2ª, aprobouse (e acordouse) por unanimidade a seguinte resolución:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a restablecer o uso do inmoble como base operativa para o persoal e medios adscritos ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, que exercen as súas función s e cometidos no ZEC Ulla-Deza do Distrito XVI.”

Pois ben, case un ano despois, esta resolución segue sen cumprirse.

Por todo isto, vimos de preguntar cal é o motivo polo que non se executou aínda a resolución adoptada por unanimidade no Parlamento de Galicia onde se instaba a Xunta de Galicia a restablecer o uso do inmoble.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.