VERGOÑENTA a resposta da Directora Xeral de Calidade Ambiental, a Sñra. Ferreira Costa, á pregunta de En Marea sobre o Iribio.

Vimos de recibir resposta oral na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente, por parte da Directora Xeral de Calidade Ambiental, a Sñra. Ferreira Costa, á pregunta de En Marea sobre o Iribio. Foi vergoñento. Nin unha soa resposta ás preguntas formuladas. VERGOÑENTO!!!

As preguntas:

  1. – Que medidas vai impulsar a Xunta para restaurar a riqueza natural e patrimonial da Serra do Iribio?
  2. – Considera compatible o proxecto eólico do “Oribio” cos valores medioambientais da Serra do Iribio?
  3. – Non considera a Xunta que o proxecto precisaría, para ir adiante, unha nova Declaración de Impacto Ambiental?
  4. – Que actuacións tomou a Consellería de Medio Ambiente diante do levantamento da paralización cautelar das obras na serra do Iribio por parte do Concello de Samos?
  5. – Ten a Xunta algunha petición de legalización das obras realizadas por parte da empresa Fergo Galicia Vento?
  6. – Vai a Xunta legalizar todas as obras realizadas na serra do Iribio?
  7. – Por que a Xunta non facilita o acceso aos expedientes da infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 KV parque eólico Serra de Oribio-subestación Triacastela, como do Parque Eólico Serra do Oribio por parte das organizacións ecoloxistas interesadas?
  8. – Ten constancia a Xunta da situación de contaminación das augas da traída veciñal de Toca? Que actuacións ten feito ao respecto?
  9. – Vai a Xunta continuar a súa permisividade coa fragmentación dos proxectos eólicos para facilitar ás empresas eludir trámites ambientais?

Foi vergoñento. Nin unha soa resposta ás preguntas formuladas. VERGOÑENTO!!!

E que non se lle puido escapar nin unha soa contestación? Que raiba miña naiciña…

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.